Tuesday 07 de May de 2024

Comunicado do Goberno do concello de Ribeira ante o anuncio de apertura do comercio do municipio o día 24 de xullo, festivo local


Antes as queixas recibidas neste Concello polo anuncio de apertura do comercio o venres 24 de xullo, declarado festivo local, o Goberno Municipal de Ribeira vese na obriga de aclarar o seguinte:
 Que a decisión da Asociación de Empresarios de Ribeira foi tomada tras consulta á Xunta de Galicia e sen que participase en absoluto o Concello de Ribeira nestas xestións.
 Que dende o Goberno Municipal non se comparten nin os criterios xurídicos sobre os que se pretende autorizar tal decisión nin moito menos que fose adoptada sen coñecemento do Concello.
 A interpretación da lei sobre a que se sustenta esta apertura estaría deixando sen contido a todos os efectos os festivos locais, xa que as restricións horarias inherentes aos mesmos só poderían ser aplicadas sobre as superficies comerciais que teñan máis de 300 metros cadrados e sobre as industrias da
localidade.
 Dende o punto de vista do Goberno Local só sería comprensible a apertura o venres 24 de xullo de establecementos de alimentación (especialmente, os menores de 300 metros cadrados) debido ao carácter perecedoiro de gran parte dos seus produtos, unido ao feito de concatenarse tres días consecutivos non laborais.